Skip to main content

Parrillada O Recuncho

Produto
Brasa
Tempo

Aquí non hai présa.
Só tenreira galega, boa brasa e trece anos facéndoo ben.

Entrada accesible parrillada o recuncho sarria

- O RESTAURANTE

Un recuncho
especial en Sarria

Chámannos O Recuncho porque somos iso: un sitio pequeno e agochado. Na Rúa Campo Toleiro, a dous pasos do centro de Sarria pero fóra do paso habitual, atoparás un dos mellores churrascos da comarca.

Toti e Tania levan mais de trece anos á fronte deste restaurante, construído coas súas propias mans e cunha filosofía clara: produto local de primeira calidade, tenreira galega, troitas frescas e unha parrilla que non para.

O que non podes perderte

Tenreira galega de proximidade, troitas frescas e unha brasa que non ten présa. Estes son os pratos que repiten os que nos coñecen — e os que enamoran aos que chegan por primeira vez.

Suxestións

Churrasco

Chuletón de tenreira galega

Troitas á prancha

Tarta de queixo ao forno

Tes fame?

Ben. Nós temos a brasa acesa. Chámanos e reserva a túa mesa — as fins de semana as prazas voan.